Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Piso enorme no centro de Bueu con ascensor e balcón

Ref: 4194
Piso
107 m2 construidos.
Para reformar
Planta 2
Venda: 160.000 €
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 1
Segunda liña de praia. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Enorme piso no centro de Bueu con ascensor e balcón, de 3 dormitorios e 1 baño.

Descrición
Espazoso piso en Bueu, a tan só 100 metros da praia do centro, ofrecendo unha localización privilexiada para gozar da vida mariñeira. Con unha orientación dual, sur e norte, este piso conta con dúas fachadas que aportan luminosidade e ventilación natural a todas as súas estancias.

Piso de gran tamaño, de tres dormitorios, que destaca pola súa amplitude, ofrecendo un espazo cómodo e versátil para adaptarse ás necesidades do teu fogar. Un baño completo, recentemente reformado, que tamén accede a unha pequena zona de lavadoiro que dá a un patio interior.

Conta cun balcón de bo tamaño no salón que mira cara á zona norte.

Bo estado xeral aínda que require un pequeno acondicionamento xeral. Algúns espazos foron recentemente reformados, mentres que outros son orixinais da construción, como os aluminios exteriores, por exemplo. Unha característica destacada é a posibilidade de cambiar a distribución total da vivenda, xa que non hai columnas no seu interior, ofrecendo flexibilidade e opcións de deseño.

A comodidade increméntase coa presenza de ascensor no edificio, que abre directamente dentro da vivenda.

Esta excelente localización e potencial de adaptación representan unha oportunidade única para aqueles que buscan un fogar amplo e versátil no centro de Bueu e preto do mar.