Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Local acondicionado en Rúa Noria

Ref: 4253
Local Comercial
46 m2 construidos.
39 m2 útiles.
Impecable
Aluguer: 425 €/mes
Baños. . . . 1
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Recén acondicionado e listo para comezar a actividade. Con aseo

Descrición

Baixo comercial no centro de Cangas, en Rúa Noria 6, rúa moi comercial, con moitas tendas de moda, electrodomésticos, veterinario, tendas de deportes, Ibedrola, etc.

Con enorme escaparate (toda a fronte de fachada) e moita visibilidade desde a Avenida de Marín, xa que está xusto na confluencia da rúa Gondomar (a que baixa do Centro de Saúde) con Noria. Anteriormente dedicado a despacho de pan (Panadaría Cal). Ademais da estancia principal ten unha segunda dependencia, con paredes alicatadas e un aseo. Non dispón de saída de fumes.

Entregarase practicamente listo para iniciar actividade: con instalación eléctrica, fontanaría e iluminación completas, paredes e teitos recentemente pintados en branco e altas de luz e auga. 


A renda indicada é a base impoñible (suxeita a IVE do 21% e retención por IRPF do -19%). O inquilino debe facerse cargo dos recibos de electricidade, auga e lixo. En cambio IBI e comunidade son a cargo do propietario.


Para o seu aluguer é necesaria a presentación de garantías de solvencia e ademais, como en todos os alugueres de local comercial, é imprescindible a entrega de dous meses de fianza para o seu depósito na Xunta de Galicia.


Infórmate para poder reservalo xa e poder gozalo cando estean rematados os traballos de posta a punto.