Vexo Vigo, vexo Cangas...

Moaña

Moaña

O municipio de Moaña, con case 20.000 habitantes, está situado na parte meridional da comarca do Morrazo, á beira norte da Ría de Vigo. É un dos cinco municipios da península do Morrazo que separa a ría de Vigo da de Pontevedra, xunto con Cangas, Marín, Bueu e Vilaboa.

A poboación repártese en catro parroquias: a urbana de Moaña e as de Domaio, Meira, San Martiño e Tirán.

A VILA

O centro da vila de Moaña atópase fronte o mar, ó longo da explanada da Xunqueira, onde se atopa a praza de abastos, moi concurrida sempre e ateigada os sábados, cando hai feira. Os protagonistas da vila sen dúbidas son os paseos marítimos, que percorren a vila de punta a punta...

Sen sair do centro da vila, e percorrendo o paseo do Vaticano chégase á estación marítima de Moaña onde saen barcos de pasaxeiros continuamente en dirección a Vigo e ao novo porto deportivo. Máis adiante temos un dos peiraos mexilloeiros máís importantes da ría: o da Mosqueira, e para finalizar o paseo do Con que chega ata a praia do mesmo nome, moitos anos galardoada coa bandeira azul.

Vila de Moaña

COMUNICACIÓNS

A principal vía de comunicación por terra é o corredor do Morrazo (CG-4.1), unha vía rápida que percorre toda a península morracense dende a saída de Domaio da Autoestrada do Atlántico (AP-9) até as diferentes estradas locais e a estrada autonómica PO-551 que une Moaña e Cangas e a PO-313 que une Moaña e Marín.

Mediante a Ponte de Rande comunícase o municipio moañés coa cidade máis grande de Galicia, Vigo, tardando tan só 20 minutos. Así mesmo, Moaña ofrece un servizo de autobuses interurbano que se conecta coas poboacións veciñas.

Por mar, Moaña está conectada coa estación marítima de Vigo, mediante unha liña de barcos de pasaxeiros con saídas regulares e moi frecuentes.

Moaña está a só 26 km de Pontevedra, 16 km de Vigo e a 82km da capital de Galiza, Santiago de Compostela.

Vila de Moaña

 

ACCESOS DIRECTOS

Sobre Lares

Somos dúas empresas que camiñamos xuntas dende 2009. Viñamos de moitos anos alugando os nosos inmobles, o que nos levou a ser tamén xestores inmobiliarios de venda e aluguer.

Pero fíxémolo ao noso xeito, rachamos tódolos convencionalismos e iso gustouvos, e así, xuntos, chegamos ata hoxe.

Formas parte dela, coñece a nosa historia!