Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Apartamento dun dormitorio no Hío.

Ref: 1099
Piso
40 m2 construidos.
5.000 m2 de xardín.
Bo estado
Planta 1
Habitacións. . . . 1
Baños. . . . 1
Zonas comúns. . . .
Zonas verdes. . . .
Calefacción: Gasoil
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: G
Dispoñible desde febreiro de 2020. Ideal para primeira ou segunda residencia, con xardín comunitario.
Descrición

Apartamento totalmente exterior, situado na planta baixa do inmoble (aínda que practicamente resulta unha primeira planta, polo desnivel do terreo). Dun só dormitorio con cama de matrimonio e armario encaixado. Ten un acolledor salón-comedor-cociña cun sofá cama novo matrimonial e un baño grande con bañeira. Dispón de forno, microondas e cociña vitrocerámica. Xanelas tipo climalit. A calefacción é central (caldeira de gasoil) de uso opcional e a auga quente por termo eléctrico. Ten un xardín comunitario de uso compartido.


Os gastos de comunidade, auga, rede de sumidoiros e lixo están incluídos
, de modo que os únicos gastos que debe afrontar o inquilino é o seu consumo de calefacción se a usa e electricidade. Non se admiten mascotas. 

Está moi ben comunicado, a só 200 metros do núcleo urbano de Hío e a outros 200 metros do cruzamento co Viso. Moi ben comunicado por tanto coa vía rápida.

Esíxense garantías de solvencia para formalizar o contrato. Esíxese fianza equivalente a unha mensualidade e garantía adicional equivalente a media mensualidade. Compatible con deducións fiscais