Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Apartamento exterior a 2 min de Rodeira

Ref: 1403
Piso
76 m2 construidos.
65 m2 útiles.
Bo estado
Venda: 130.000 €
Habitacións. . . . 2
Baños. . . . 1
Rocho. . . .
Garaxe. . . .
Calefacción: Calor azul
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: E
A 250m do concello, alameda nova, etc., con caldeira de pellets e garaxe no edificio do lado.
Descrición

Apartamento de obra nova e completamente exterior, na zona de Longán, a 2 minutos camiñando da praia de Rodeira e a 250m do concello e da alameda nova (paseo marítimo, porto, etc.).

Distribuído en salón comedor (en esquina, con dobre xanela balconeira e saída a unha pequena terraciña) aberto á zona de entrada, cociña independente, dormitorio de matrimonio e dormitorio con camas xemelgas (ambos de gran tamaño e con armarios encaixados) e un baño xeral (con prato de ducha) tamén exterior.

Completamente amoblado e con caldeira de pellets no salón que prové de calefacción por aire quente a toda a vivenda, nun edificio de construción recente, con ascensor e rocho, e praza de garaxe no soto primeiro do edificio do lado.

Excelente elección para segunda residencia (véndese tal e como está nas imaxes).