Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Estudo céntrico renovado en Vigo

Ref: 1464
Estudio
30 m2 construidos.
26 m2 útiles.
Reformado
Planta 4
Venda: 132.000 €
Habitacións. . . . 1
Baños. . . . 1
Trasteiro. . . .
Zonas comúns. . . .
Calefacción: Gasoil
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: G
Situado en Av. García Barbón. Luminoso e tranquilo.  
Descrición

Estudo luminoso e renovado en Avenida de García Barbón, paralela a Rúa Rosalía de Castro, na zona máis céntrica e mellor valorada de Vigo. A 190m de Santiago de Vigo, a 350m do Ascensor Halo (4 minutos andando), a 550m de Isaac Peral (ligazón con autoestrada). Zona repleta de servizos de todo tipo e excelentemente comunicada a pé e en coche.

En excelente estado: baño renovado integralmente (con prato de ducha), parquet de madeira recentemente pulido e vernizado, recentemente pintado e amoblado con mobles novos e actuais. A cociña está equipada con vitrocerámica de 4 lumes, frigorífico de dúas portas (por tanto con conxelador), forno e microondas. No salón-dormitorio conta con armario de parede con caixóns e totalmente forrado interiormente. Conxunto de cama de matrimonio e canapé de 135cm.

Tranquilo e solleiro (porque non dá a avenida nin tampouco a patio de luces, senón a un espazo aberto entre dous bloques dentro da propia comunidade). Ten tendal cuberto tamén renovado nunha das xanelas. Piso cálido, que non adoita requirir o uso de calefacción.

Edificio con excelentes calidades, con servizo de portaría (dous porteiros cubrindo todo o día en dúas quendas) e instalacións centrais de auga quente e calefacción, aínda que con contador individual para cada vivenda e termostato para a calefacción en cada vivenda. Comunidade exemplar polo coidado e limpeza das zonas comúns e xestionada por un administrador competente. Para tranquilidade dos veciños, esta comunidade non admite alugueres turísticos (tipo Airbnb). Si se admiten con todo alugueres de longa duración ou de tempada.

Totalmente accesible, con ascensor, sen chanzos no portal e con prato de ducha.

Inclúe trasteiro amplo situado no soto de garaxes. Non inclúe garaxe, pero no mesmo edificio pode haber prazas de garaxe en aluguer ou venda.

Recibo IBI: 124,58€. Comunidade moi económica: Cota ordinaria: 28,46€/mes, Mínimo calefacción: 4,17€/mes. Mínima auga quente: 8,76€/mes.

Con todo o preciso para entrar a vivir ou poñer en aluguer (demanda moi alta, en torno a 500€/mes de renda).