Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Apartamento no Casco Vello de Cangas

Ref: 1701
Piso
65 m2 construidos.
Bo estado
Planta 1
Aluguer: 500 €/mes
Habitacións. . . . 2
Baños. . . . 1
Garaxe. . . .
Calefacción: Calor azul
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Dispoñible a partir de setembro para o curso escolar. Vivenda nova e coidada, amoblada, con terraza, na Rúa Real. 

Descrición

Dispoñible a partir de setembro esta vivenda para aluguer de curso escolar: este aluguer supón o cumprimento íntegro de contrato desde o inicio do curso escolar ata o mes de Xuño inclusive (por tanto exclúe os meses de verán).

Apartamento na Rúa Real (rúa peonil), fronte ao Colexio de Nazaret. Con acceso en vehículo desde a Avenida de Vigo, por tanto moi ben comunicado coa vía rápida a pesar de estar na zona vella.

Dispón de praza de garaxe e calefacción.

Trátase dunha vivenda nova, moi coidada, amoblada, pero non recargada e con armarios encaixados. Nun edificio de pedra restaurado integramente.

Distribúese en dous dormitorios, un baño con ducha, cociña-salón americana e unha terraza.

Non se admiten mascotas.

Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato.

Alúgase amoblado e o prezo é coa comunidade incluída, quedando por conta da inquilino luz, auga e lixo.

Consultar compatibilidade con deducións fiscais.