Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Oficina á beira do Eroski

Ref: 1709
Oficina
29 m2 construidos.
20 m2 útiles.
Bo estado
Aluguer: 180 €/mes
Cual. Enerx.: E

Situada nunha primeira planta con balcón á fronte e acceso por escaleira, repartida en dúas salas.

Descrición

Local destinado a oficina e situada na primeira planta dunha casa rehabilitada de pedra, en pleno casco vello de Cangas, á beira do Eroski, o pé do Eirado do Sinal, na continuación da Rúa do Sol.

Conta cunha superficie útil de aprox. 20m2 e acceso desde a rúa a través de escaleira. 


Está repartida en dúas zonas de traballo, unha á fronte cun balcón de 2m2, e outra na parte traseira da casa onde se sitúa o aseo e a "lareira" coa cheminea orixinal de pedra. 


O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz e auga. O prezo inclúe a comunidade, lixo e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento. 


A fianza esixida é de 2 mensualidades. Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato e aval bancario por importe equivalente a 12 mensualidades.

Ademáis e para aqueles investidores interesados, toda a casa está dispoñible en venda, como unha unidade na que os 3 inmobles (local en planta baixa, oficina en planta primeira e dúplex para vivenda) atópanse en réxime de aluguer, converténdoa nun magnífico investimento.