Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Apartamento impecable en Cangas

Ref: 1816
Piso
71 m2 construidos.
Impecable
Venda: 129.000 €
Habitacións. . . . 2
Baños. . . . 2
Rocho. . . .
Garaxe. . . .
Calefacción: Calor azul
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: E
OPORTUNIDADE: novo e totalmente actualizado, situado a entrada de Cangas, nun edificio de recente construción.
Descrición

Apartamento novo e totalmente actualizado, situado no primeiro andar dun edificio de recente construción, á entrada de Cangas, moi ben comunicado coa vía rápida e a 5 minutos camiñando do paseo, do mercado e de todos os servizos.

Conta con dous dormitorios con armarios encaixados (o principal con baño propio con bañeira), salón comedor, cociña indepedente e completamente equipada (con lavalouzas, combi, cociña indución, micro integrado) e baño xeral con prato de ducha.

Destacar que os dous baños contan con xanela ao patio interior, onde está instalado o tendal cuberto, onde ademáis o uso do patio é compartido polos dous pisos que teñen luces ao mesmo, con acceso desde o corredor das zonas comúns.

Tanto o salón como os dormitorios son exteriores (sol directo pola tarde) e a cociña da o patio interior.

Dispón de acs por termo eléctrico e lavadora, ambos na cociña, calefacción por calor azul (subministración por discriminación horaria), e praza de garaxe con rocho anejo e saída directa á rúa.

Véndese coa cociña e os baños amoblados, aínda que podería haber a posibilidade de incluír a vivenda completamente amoblada.

Opción moi adecuado para vivenda habitual por servizos (colexios, parada autobus, etc.) e comunicacións, pero sobretodo polo estado impecable da vivenda.