Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Local céntrico en Cangas

Ref: 1857
Local Comercial
125 m2 construidos.
Aluguer: 750 €/mes
Baños. . . . 1
Cual. Enerx.: Pendente
Acondicionarase a medida do proxecto que o cliente queira establecer no local. Disponse xa de varias alternativas de distribución para oficina, centro de negocios, espazo de coworking, etc. 
Descrición

Alúgase acondicionado, local comercial, de 125m2 construídos, a estrear, na Avenida de Galicia, na esquina do edificio (3 fachadas).

É contiguo á nova localización de Notaría de Cangas, fronte aos xulgados de Cangas, a poucos metros de Correos, INSS, Rexistro da Propiedade e Servizos Sociais.

O local actualmente está lóbrego pero alugaríase acondicionado no prezo indicado, coa vantaxe de estrear un local cunha distribución deseñada especialmente para a actividade. Tamén existe a opción de alugalo lóbrego por un prezo máis baixo. Ideal para despacho de Avogados, Asesoría, Xestoría, Clínica de Fisioterapia, Clínica Dental, Gabinete e Psicoloxía, ou actividades similares. (Ver planos con 2 opcións de distribución posibles a título orientativo).

Ademais da fianza de 2 meses, esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato, preferible a presentación de aval bancario ou garantía similar.

O prezo inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento.O inquilino debe facerse cargo das altas e recibos de subministracións.

Zona céntrica, en pleno crecemento, con bo acceso en coche, mesmo con sitio para aparcar a pesar do céntrica que é e accesible tamén para discapacitados (mediante rampla).