Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Local/vivenda lóbrego na zona do Auditorio

Ref: 1885
Local Comercial
108 m2 construidos.
Lóbrego
Venda: 75.000 €
Aluguer: 400 €/mes
Cual. Enerx.: E
Con tres fachadas exteriores, 5,40m de altura libre de local ou vivenda e posibilidade de doble aceso e doblle altura.
Descrición

Local lóbrego de máis de 100m2 construídos en planta, situado nun edificio de recente construción, na zona do Auditorio Municipal de Cangas, fronte á oficina de Servizos Sociais, zona con bo acceso en coche, limitando co casco antigo. Visible desde o novo parque infantil na rúa San José.

Conta con 3 fachadas exteriores para un total de 30ml, 2 delas de gran visibilidade desde a rúa San José, cunha altura libre interior de 5,40m.

Trátase dun local con mais de 150m2 de fachada visible, que pola súa localización e características construtivas convérteno nun baixo comercial de gran visibilidade e moitísimo escaparate potencial, nunha zona de gran interese e con moitos servizos en activo nos arredores (espazo de traballo, gabinete psicoloxía, centro de día, perruquería, cafetería, administración pública da Seguridade Social, Rexistro da Propiedade, Notaría, etc.).

Posibilidade de transformación en vivenda.

En caso de aluguer esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. A fianza é a esixida por lei para locais comerciais (2 mensualidades) pero valórase a presentación de aval bancario ou garantía similar.

O prezo inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada caso. O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo.