Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Local no centro de Cangas

Ref: 1936
Local Comercial
45 m2 construidos.
Aluguer: 300 €/mes
Cual. Enerx.: Pendente
Local comercial na rúa Gondomar. Zona transitada e ben conectada
Descrición

Local comercial situado no centro de Cangas, na rúa Gondomar. Zona transitada e ben conectada, con bo acceso en coche. Atópase nunha área comercial (predominantemente con actividade hostaleira).

O local ten unha superficie de 45 m2 e é preciso facer obras para o acondicionamento do novo negocio. Anteriormente destinado a Kebab.

Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. Preferible a presentación de aval bancario ou garantía similar. O prezo inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento.

O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga, lixo e depuradora. A fianza é a esixida por lei para locais comerciais: 2 mensualidades.