Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Local nas galerías da Avda. de Marín

Ref: 2062
Local Comercial
13 m2 construidos.
Aluguer: 350 €/mes
Baños. . . . 1
Cual. Enerx.: Pendente
Local comercial na Avda. de Marín, con escaparate en zona comercial e de ocio moi transitada.
Descrición

Local nas Galerías Santiago Apóstolo, na Avda. de Marín, unha zona moi céntrica e unha rúa comercial, con outros negocios como cafetarías, tendas, supermercados, etc. É transitada tanto por peóns como por vehículos.

Local de 13 metros cadrados con escaparate cara á Avenida de Marín. Ten un pequeno altillo ao que se accede por escaleiras de caracol, pódese desfacer para gañar altura se se desexa.

Existe tamén a posibilidade de alugalo conxuntamente co local contiguo, xuntos farían un local de 36,5 metros cadrados e neste caso o prezo sería de 700€.

Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. Preferible a presentación de aval bancario ou garantía similar.

O prezo inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento.

O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo.

A fianza é a esixida por lei para locais comerciais: 2 mensualidades.