Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Local comercial con acceso para vehículos

Ref: 2067
Local Comercial
125 m2 construidos.
110 m2 útiles.
Lóbrego
Aluguer: 700 €/mes
Cual. Enerx.: Certificación pendente
Baixo na Rúa Baiona, nas proximidades da Avenida de Marín, no centro de Cangas de Morrazo, con acceso para vehículos. Negociarase renda por tramos. 
Descrición

Local situado na avenida de Baiona, zona moi transitada e de gran actividade comercial, con cafetarías, tendas de roupa, etc., na súa contorna.

Acondicionado na actualidade como baixo para garaxes, distribúese en dúas zonas, unha primeira de 50m2 na parte dianteira e con acceso desde a rúa a través do portal do garaxe, e unha traseira de 65m2. O local ten fachada só cara á avenida de Baiona.

O prezo anunciado é para a renda base, poderase negociar unha renda por tramos para o inicio do contrato i en función da duración do mesmo.

A renda inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento. O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo.

A fianza é a esixida por lei para locais comerciais: 2 mensualidades, pero poden esixirse garantías adicionais de solvencia para a formalización do contrato.