Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Chalet pareado con jardín y asador

Ref: 2105
Adosado
280 m2 construidos.
450 m2 de parcela.
Venda: 290.000 €
Habitacións. . . . 5
Baños. . . . 3
Garaxe. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente
Vivenda de recente construción en A Magdalena, próxima o centro de Cangas e con vistas á ría de Vigo.
Descrición

Vivenda de recente construción, moi próximo ao centro de Cangas e a tan só uns minutos da vía rápida, situada nun lugar con vistas da ría de Vigo.

Executada con materiais de primeira calidade, tanto no interior do inmoble como no seu exterior, posúe excelentes acabados que lle confire un ambiente realmente acolledor.

Está repartida en catro plantas, dous para vivenda, o soto destinado a un amplísimo garaxe para 3 coches, comunicada exterior e interiormente co resto da vivenda e a última como estudo. A planta primeira ten catro dormitorios, un deles destinado a biblioteca e o principal con baño propio, ademais doutro baño xeral. A baixa conta con baño, unha completísima cociña amoblada, mesmo frigorífico americano e lavalouzas, un inmenso salón-comedor cun espléndido proxector de cinema, e un cuarto destinado a sala de estar que dá paso a un soportal exterior cuberto, pechado formando unha galería, que dá saída á parcela propia, onde se sitúa a grellada. Por último, o baixo cuberta permite un gran espazo destinado a estudo e zona de xogos, aberto sobre o núcleo da escaleira.

Acompañado por unha parcela de 450m2 axardinada en toda a súa superficie, a dúas alturas, a cal dispón dun acceso propio para vehículos, automatizado e entrada peonil con porteiro automático. A propiedade dispón de traída de auga e tamén de pozo artesán.

O sistema de calefacción é dobre, por unha banda acumuladores por discriminación horaria e por outra calor azul e o acs mediante botellas de propano 2+2. Conta tamén con circuíto pechado de seguridade con cámaras e parabólica.

Varios detalles caracterizan a este estupendo inmoble, como son o carecer de elementos estruturais que entorpezan a mobilidade dos coches no garaxe, así como a súa estupenda localización e variabilidade de usos nas plantas de vivenda grazas á súa distribución contorna ao núcleo central das escaleiras.