Vivenda tipo ático de 3 dormitorios e 2 baños, na Avda. de Galicia, moi céntrica, con calidades magníficas, amplísima terraza e 2 prazas de garaxe e 2 rochos.
Descrición
Ático sito na avenida de Galicia, en pleno
centro de Cangas, xusto ao carón dos Xulgados e moi preto do Casco Vello, nunha zona moi tranquila e moi valorada pola súa localización e proximidade ao resto do casco urbano.
Trátase dun piso totalmente
exterior, mesmo no recibidor de entrada, con calidades magníficas, e cunha
terraza que o rodea, sobre a que dan todas as estancias, creando zonas de lecer específicas para cada unha delas.
Mellorouse o illamento térmico da vivenda con dobre ventá e dobre porta corredeira, todas con dobre cristal
climalit, así como illamento en todos os teitos, o que proporciona un interior moi confortable durante todo o ano.
Está distribuído en
3 dormitorios, sendo o principal de matrimonio con baño propio e prato de ducha, todos con grandes
armarios empotrados, incluso no corredor, e dous deles con acceso directo á terraza.
Dispón dun amplo baño xeral con bañeira, cociña-comedor independente totalmente equipada con electrodomésticos, incluíndo cociña de indución, combi, lavalouza, lavadora e termo eléctrico para a auga quente, todo isto xunto cun salón amplo e luminoso, igual que o resto das estancias.
Conta con
2 rochos, 2 prazas de garaxe, ascensor e calefacción por acumuladores. O prezo inclúe a cociña amoblada con electrodomésticos e o resto semi-amoblado. Presenta uns acabados excepcionais.