Descrición
Piso á venda no centro de Cangas, exterior, aberto a unha pequena praza na fachada nordés do edificio e situado na primeira planta.
Situado preto da Rúa Real e á beira do colexio de Nazaret, no casco antigo, ben comunicado coa vía rápida, a través da Avenida de Vigo e a 5 minutos andando de todos os servizos.
Distribuído en dous dormitorios, un de matrimonio e outro de camas dobres con acceso a unha terraza pechada. Cociña independente totalmente equipada, con salón-comedor luminoso e un amplo baño xeral con bañeira.
A calefacción é por acumuladores eléctricos e o ACS (auga quente sanitaria), por termo eléctrico.
Dispón de praza de garaxe na planta de semisótano, do mesmo xeito que o seu rocho e o edificio conta con ascensor.
A través do garaxe do edificio accédese a unha zona común axardinada.
Excelente oportunidade de conseguir a súa vivenda en pleno centro de Cangas.