Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa á venda moi preto do centro de Cangas

Ref: 2221
Casa
152 m2 construidos.
80 m2 de parcela.
Bo estado
Venda: 240.000 €
Habitacións. . . . 4
Baños. . . . 2
Rocho. . . .
Zonas comúns. . . .
Zonas verdes. . . .
Calefacción: Gas natural
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Pendente

Vivenda unifamiliar ubicada nunha urbanización a pé da Avda. de Vigo, a poucos minutos do núcleo urbano de Cangas.

Descrición

Vivenda unifamiliar ubicada a pé da Avenida de Vigo, a poucos minutos do núcleo urbano. Nunha urbanización con zonas de apardoiro, campo de futbol / tenis e vistas á Ría de Vigo.

Casa composta por planta baixa, primeira planta e baixo cuberta, con tódalas estancias exteriores.

Na planta baixa atópanse o salón, moi amplo e luminoso, a cociña-comedor, un baño con bañeira e un pequeno rocho.

Na primeira planta están as 4 habitacións, tres delas con armarios encaixados; unha pequena zona de escritorio e un baño común.

Dende a primeira planta accédese, mediante unha escaleira no teito, ao baixo cuberta, actualmente empregado como faiado.

Ademais, a casa conta cunha zona exterior cuberta contigua á cociña que se pode empregar como comedor nos meses máis calurosos, na que atopamos tamén unha grella de obra.

A vivenda atópase nunha urbanización tranquila, con diferentes zonas comúns como campo de fútbol sala / tenis. Ademais ten 3 zonas de aparcadoiro diferentes de uso común exclusivo.