Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Piso preto da praia de Rodeira (Cangas)

Ref: 2225
Piso
80 m2 construidos.
Impecable
Planta 4
Habitacións. . . . 2
Baños. . . . 1
Trasteiro. . . .
Garaxe. . . .
Calefacción: Calor azul
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: E

Novo, completamente exterior e con vistas despexadas. En Rúa Longán, perpendicular á Avenida de Ourense, a poucos metros da praia de Rodeira, e ao mesmo tempo céntrico.

Descrición

Estupenda oportunidade para situarse moi preto de Rodeira na rúa Longán a tan só uns minutos da praia e do centro, situado no cuarto andar dun edificio de nova construción, tremendamente luminoso e moi asollado.

Todo exterior e con luces en todos os ocos, mesmo no baño o cal dispón dun gran prato de ducha con mampara. Componse de dous grandes dormitorios de matrimonio con armarios encaixados, cociña independente con combi e mesa de comedor, e un gran salón-comedor aberto ao recibidor.

Dispón dun estupendo sofá cama para tres prazas no salón, lavadora na cociña, ascensor, rocho e garaxe no edificio do lado. O prezo inclúe a cociña con electrodomésticos e o resto da casa amoblada.

Aluguer para o curso escolar: este aluguer supón o cumprimento íntegro de contrato desde o inicio do curso escolar até o mes de Xuño inclusive (por tanto exclúe os meses de verán).

Non se admiten mascotas.

Alúgase amoblado e o prezo é coa comunidade incluída, quedando por conta da inquilino luz, auga e lixo.

Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. A fianza correspóndese á estipulada pola Xunta de Galicia.