Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa rehabilitada en Pantón (Deade)

Ref: 2265
Casa
200 m2 construidos.
2.500 m2 de parcela.
Venda: 120.000 €
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 2
Cual. Enerx.: Certificación pendente
Casa rural, de pedra, con terreo preto da Ribeira Sacra, entre Monforte e Ourense, nunha contorna de beleza excepcional
Descrición

Casa rural, de pedra, con terreo preto da Ribeira Sacra, entre Monforte e Ourense, nunha contorna de beleza excepcional.

En aproximadamente 200m2, dispón de 3 habitacións, cociña, baño e aseo, ademais dunha habitación extra que pode ser utilizada de adega ou almacén.

Na rehabilitación tratouse de utilizar materiais nobres respectando a estrutura e estética propia das casas a zona. Así, por exemplo, deixouse á vista a estrutura dos teitos con vigas e puntones de abeto laminado e táboas machihembradas. O piso do salón é de táboa de castiñeiro e as portas e xanelas están fabricadas con madeira de cedro e constan de ponte térmica, illante do frío.

Dispón tamén dun xeneroso balcón, fabricado a base de madeira de castiñeiro do mesmo xeito que todo o voladizo do tellado da casa.

Exterior totalmente restaurado. Tellados completamente novos e illantes, ideal para a zona na que se atopa, xa que protexe do frío no inverno e da calor no verán, ademais do son. Conta ademais coa instalación dos caños de auga. Instalacións de auga (tubaxes e desaugadoiros colocados) e electricidade realizadas.

No interior, segundo estimación do propietario, sería necesario investir 20 mil euros para rematar por completo a rehabilitación.

A casa consta dunha leira anexa á casa de 500m2, ademais de 2000m2 mais, divididos en catro leiras que rodean a casa.

Situada a 5 min. andando do centro de Ferreira de Pantón, a 10 min. en coche de Monforte, a 25 min. en coche de Ourense e a 10 min. en coche do Balneario e campo de golf de Augas Santas.