Descrición
Ático moi amplo, con dúas habitacións, salón, cociña independente e dous baños (bañeira e ducha). Ademais ten unha terraza á que se accede desde o salón, a través dunha ampla ventá.
Perfecto como vivenda, tanto habitual como vacacional: é fresco e tranquilo, pero céntrico e á beira da praia.
Só é abuhardillada a habitación de matrimonio, que ten unha xanela velux que a fai moi luminosa, no resto da vivenda non se aprecia que se trata dun ático.
Non é ruidoso, porque aínda que está tan céntrico non dá á rúa, senón a un patio aberto, luminoso, pero silencioso.
Na mellor localización posible: Avenida Ourense, á beira da praia de Rodeira, e ao mesmo tempo no centro de Cangas.
Ocupa a 5ª planta nun edificio con acensor, cuxas últimas plantas foron construídas no ano 2004.
Non dispón de praza de garaxe, pero sí de rocho na planta baixo cuberta do edificio.