Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Piso na Avda. de Lugo

Ref: 2355
Piso
105 m2 construidos.
89 m2 útiles.
Bo estado
Venda: 155.000 €
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 2
Rocho. . . .
Garaxe. . . .
Calefacción: Acumuladores
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: E

Vivenda á venda en Cangas, de 3 dormitorios e 2 baños, con ascensor, garaxe e rocho preto do Auditorio.

Descrición

Piso na Avda. de Lugo, á beira do Auditorio Municipal. Zona ben comunicada coa Vía Rápida a través da Avda. de Coruña e preto do núcleo urbano.

Conta con 3 dormitorios, con armarios encaixados; salón comedor; cociña independente con lavadoiro anexo a patio de luces, no que se atopa o termo eléctrico para a auga quente sanitaria e un tendal cuberto; 2 baños, un deles no dormitorio principal e outro común a todas as estancias, ambos con bañeira.

Vivenda con calefacción eléctrica mediante acumuladores e xanelas de dobre cristal. Salón e dous dormitorios (principal e secundario) con orientación sur, moi asollados todo o día.

O edificio ten ascensor e inclúe praza de garaxe e rocho.