Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

"Casa das Señoritas": casa galega con piscina

Ref: 2370
Casa
498 m2 construidos.
1.931 m2 de parcela.
Impecable
Venda: 875.000 €
Habitacións. . . . 4
Baños. . . . 4
Garaxe. . . .
Calefacción: Gasoil
Piscina privada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente
Unha xoia arquitectónica rehabilitada baixo a dirección de César Portela, de tres plantas, con case 500 m2 construídos e un coidado xardín con piscina de obra.  
Descrición

"Casa das Señoritas", este é o nome polo que popularmente se coñece a esta preciosa casa galega: unha vivenda, de gran valor arquitectónico e nada da rehabilitación levada a cabo no ano 1992 sobre a orixinaria casa señorial, construción tradicional galega en granito datada en 1866.

A primeira vista recoñécese en todo o conxunto o sinal do arquitecto pontevedrés Cesar Portela (www.cesarportela.com), proyectista e responsable da dirección da obra, facilmente identificable en todos os seus traballos de rehabilitación (www.cesarportela.com/otros-traballos-others-works/).

A propiedade está situada dentro dunha área de gran valor patrimonial na parroquia de San Martiño, xunto á igrexa románica do século XII da que toma o nome, a casa reitoral e o castro fortificado (como asentamento prehistórico).

A casa, en ruínas a principios dos 90, acadou o seu máximo esplendor tras a súa completa rehabilitación, resultando un impresionante inmoble disposto en 3 plantas e de máis de 490 m2 construídos en total. Todo iso dá lugar a estancias de gran tamaño con grandes espazos de comunicación, creando unha incrible sensación de confort e habitabilidade.

A recuperación integral da pedra en muros, chemineas e fregaderos, escaleiras exteriores, galería; o uso da madeira de teca en escaleiras interiores, xanelas (dobres en todas as estancias), chans e forxados, varandas e pasamanos, armazóns de teito, portas de paso; os revestimentos e solados de barro cocido nos chans artesanais, alicatados, cociña; a forxa en balaustres; e a tella árabe; son o exemplo claro do coidado e esmero posto en cada detalle, converténdoa á vivenda nun magnífico exemplo de casa galega en pedra.

Ademais a vivenda complétase cunha leira pechada e axardinada con árbores froiteiras, con construcións auxiliares para aseo/cuarto de instalacións/lavandaría na zona piscina, de obra 10x5 m, leñera e cuarto de aparellos, cenador exterior e terraza.