Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa galega con leira en Cangas

Ref: 2371
Casa
150 m2 construidos.
430 m2 de parcela.
Para rehabilitar
Venda: 77.000 €
Habitacións. . . . 3
Cual. Enerx.: Pendente
Vivenda para rehabilitar, con leira e vistas á Ría de Vigo. Conserva forno de pedra, "lareira" e lagar orixinais. 
Descrición

Casa tradicional galega, contruida entre medianeiras, con leira de aproximadamente 500 m2. Situada en Cangas, na parroquia de Darbo, na zona da Magdalena, con excelente conexión á vía rápida e a pouca distancia do centro do pobo.

A leira, repartida en varias alturas, ten orientación este, e unhas espléndidas vistas sobre Coiro, Cangas e ao fondo a Ría de Vigo. Vistas despexadas e sol garantidos para sempre.

A casa conserva elementos orixinais como un forno de pedra, unha lareira de pedra e un lagar.

Indicar que entre a casa e a leira discorre un camiño de servidume de paso cara ás leiras traseiras.

A propiedade conta con dobre acceso, a través da citada servidume de paso, e acceso peonil pola fronte, xa que linda coa estrada xeral da Madalena que discorre pola súa fronte.