Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Garaxe excelente en Cangas

Ref: 2391
Garaxe
9 m2 construidos.
Venda: 11.000 €
Aluguer: 50 €/mes
Cual. Enerx.: Pendente
Céntrica. Dispoñible en venda e aluguer 
Descrición

Praza de garaxe situada na Rúa Real, a poucos metros do cruce coa Avenida de Vigo, o que permite un acceso moi cómodo desde a vía rápida. O edificio atópase no límite da zona nova e a zona vella (onde escasean as prazas), entre os xulgados e o colexio de Nazaret.

É de bo acceso desde a rúa, éntrase mediante un montacargas e está situada no soto -2. É ampla, entre columnas e co espazo adecuado para manobrar. Outra vantaxe é a proximidade ao montacargas.

Dispoñible en venda e aluguer.

Ao prezo de aluguer hai que engadirlle o IVE (prezo final 60,50€), e para o seu aluguer é necesario o depósito de 2 meses de fianza (100€).