Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa en venda en Padrón, A Coruña

Ref: 2406
Casa
542 m2 construidos.
2.466 m2 de parcela.
Para rehabilitar
Venda: 475.000 €
Garaxe. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente
Vivenda de pedra, de gran tamaño, situada en Padrón, rodeada de espazos verdes, nunha parcela de aprox. 2500m2. Un conxunto que pola súa estética tradicional, excepcional tamaño e contorna non deixa indiferente. A propiedade atópase a poucos minutos camiñando do centro na AC-307 á beira do Convento do Carme e nun lugar perfectamente comunicado e transitado. Un dos valores da propiedade é o excepcional tamaño da parcela en solo urbano, que circunda a casa en todo o seu perímetro e na que existen construcións anexas á vivenda principal: un forno antigo de pan, un galpón para ferramentas de xardinaría, ademais dunha preciosa fonte de cantería, feita por Castelo. Ademáis conta con dous pozos de auga (un deles de máis de 40m de profundidade). A construción principal aproxímase á estrada nunha das súas fachadas, pero polo seu gran tamaño, esténdese cara ao interior da parcela, o que se traduce nunha combinación de zonas moi visibles desde o exterior da propiedade con outras recollidas, discretas e que non chegan a ter visibilidade de ningunha estrada. Grandes espazos abertos que ofrecen luz todo o día e vistas. A edificación, construída nos anos 60 e remodelada nos 80, é unha construción singular, ecléctica, pero moi harmónica e moi integrada na paisaxe natural e urbanística da zona. Consta dun soto de 106m2, con luces, unha planta baixa destinada parcialmente a vivenda e parte lóbrega de 222m2, e unha planta primeira de 214m2, con balcón e galería, tamén destinada a vivenda. Interiormente consérvanse as divisións orixinais, con numerosísimas estancias sempre con vistas ao exterior. No interior combina chans de madeira, terrazo e incluso de mármore, ben conservados, igual que a carpintaría exterior de madeira e os muros de pedra. O tellado, en bo estado xeral precisa só dalgúns traballos de mantemento. Ademais do evidente atractivo do uso como vivenda, existen múltiples posibilidades para outros usos amparados pola ordenanza correspondente (URBO) e que multiplican o valor da propiedade en caso de explotar a edificabilidade latente, é dicir, a superficie edificada podería ser moito maior o que fai aínda máis atractiva a propiedade para a súa explotación como: casa rural, hotel, hostal, hospedaxe de peregrinos, celebración de eventos, residencia de maiores, clínica, etc posto que a ordenanza permite todos estes usos ademais de para espectáculos e actividades creativas, sociais, etc. Dispomos de valoración técnica (que indica valor próximo ao millón de euros considerando a explotación potencial da edificabilidade latente), levantamento topográfico, e algunha proposta técnica de explotación.
Descrición