Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Hauss modular, a vivenda do futuro.

Ref: 2553
Chalé Independente
130 m2 construidos.
A estrear
Venda: 130.000 €
Habitacións. . . . 2
Baños. . . . 2
Calefacción: Radiante
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: A

Amosámosche a casa piloto de Hauss: vivendas deseñadas e construidas en Galiza, con máxima calidade e durabilidade, batindo os estándares da construción tradicional. A túa vivenda, chave en man, ao mellor prezo. 

Descrición

Amosámosche a casa piloto de Hauss: vivendas deseñadas e construidas en Galiza, con máxima calidade e durabilidade, batindo os estándares da construción tradicional. A túa vivenda, chave en man, ao mellor prezo. 

O enderezo indicado no anuncio, en Rúa do Sol número 19 en Cangas, indica a ubicación do punto de venda oficial Hauss no Morrazo (Lares Inmobiliaria).

Tras a nosa extensa visita, de máis de 12 horas á vivenda piloto, destacamos 10 aspectos que nos impresionan da proposta:

1. Proxectos adaptados 100% a ti: Esquece a idea que seguramente tes de ter que escoller entre a vivenda tipo A, ou B, etc. Estas casas deséñanse de cero, en base ao terreo (desnivel, orientación etc) e ás túas preferencias, sen limitacións estructurais: coas habitacións que queiras, do tamaño que prefiras, con ou sen soto, con ou sen garaxe por exemplo. Tes liberdade para imaxinar. 

2. Proxectos flexibles, exclusivos e evolutivos: Constrúe a casa que necesitas agora, sen obligarte a pensar no futuro. Porque as casas Hauss evolucionan no tempo coa posibilidade de agregar módulos adicionais. De xeito que a túa casa pode medrar se medra a túa familia ou se mercas un coche novo, con mínimo coste, sen obras traumáticas, e nun tempo récord. 

3. Lista en 4 meses: O proceso de fabricación require tres meses en fábrica e un mes adicional para a instalación e remates finais en obra. En só catro meses fabrícase unha casa que alcanza os estándares de calidade da mellor construcción convencional. Dá vértigo, eh?

4. Vivendas sostibles: Que acadan a etiqueta enerxética A, con máximo aforro enerxético, menos emisións, menos consumo, menos residuos en fabricación e posibilidade de reutilizar os materiais.

5. Técnicamente perfecta: Un cálculo de estructuras revisado ao milímetro (coa garantía da Universidade de A Coruña), cuberta plana invertida, fachada ventilada, tabiquería interior reforzada (con doble perfilería y doble placa)... Así, por exemplo, a obsesión por mellorar os resultados da construcción convencional no illamento, fai posible obter unha calificación enerxética tipo A, e estancias perfectamente insonorizadas. 

6. Deseño O concepto modular de Hauss non deixa pegada no deseño da casa, os espazos poden ser tan diáfanos como ti queiras, e ti decides a distribución: como imaxinas a túa casa? Con terraza, con porche, con garaxe, de planta baixa ou con varias plantas? Ti elixes. Como ves Hauss non se parece en nada a outras vivendas modulares con modelos pechados. Ademais, cunha estética e estilo que nos encanta, chea de detalles e coidada ao milímetro, con acabados de calidade. 

7. Visita a túa casa en construción: Hauss permite, anima e recomenda que pases por "obra", é dicir, pola nave de Hauss, tan frecuentemente como o farías na construción tradicional. A diferencia doutros produtos de vivenda modular, a túa casa sempre está aberta para que vexas que todo vai sobre rodas. 

8. Orzamento pechado: O sistema industrializado de construcción de Hauss permite un control preciso dos custos, sen desviacións, garantizando un prezo pechado, chave en man (que inclúe dende a cimentación ata a cociña amoblada). Para que durmas tranquilo mentres a túa casa se está a construir. Este é un dos puntos que a nós, que coñecemos a construción tradicional, máis nos gusta. 

9. Unha cuberta preparada para Galicia: Xa falamos da calidade e queremos insistir tamén na cuestión da cuberta: o sistema de cuberta plana invertida, con impermeabilización continua, asegura a ausencia de humidades para sempre. E se quere chover que chova. 

10. Proceso industrializado: Un produto conceptualmente perfecto, executado de forma "industrializada", baixo o máximo control de calidade, minimizando os erros humanos e non condicionado pola metereoloxía.