Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Edificio no centro de Moaña

Ref: 2558
Casa
253 m2 construidos.
132 m2 de parcela.
Para rehabilitar
Venda: 130.000 €
Habitacións. . . . 6
Baños. . . . 2
Cual. Enerx.: Pendente
Casa de pedra, con planta baixa, primeiro, segundo e bajocubierta, para rehabilitar ou construír obra nova (local comercial e 5 vivendas). 
Descrición

Edificio de pedra, no centro de Moaña, entre Ramón Cabanillas e Concepción areal, moi preto da Praza de Abastos.

Ten unha superficie en planta de 79m2 e unha parcela traseira de 53m2. Consta de planta baixa, primeira, segunda e bajocubierta e ten fachada de pedra. Ademais de para rehabilitar e conservar o estado actual é unha compra interesantísima para a construción de vivenda de obra nova:

Pola súa situación extraordinariamente céntrica e pola normativa urbanística que lle é de aplicación (ordenanza 3 do PXOM), permítese construír: baixo, 4 alturas e planta baixo cuberta. Estimamos que resultarían 5 vivendas de dous dormitorios e un baixo comercial, cuxa superficie podería alcanzar os 132m2 (aproveitando a planta actual 79m2 e o terreo traseiro de 53m2). 

Ten dobre acceso, desde Rúa A Canexa, onde dá a fachada do edificio e na parte traseira desde un viario privado compartido con edificios contiguos (ambos os accesos son perpendiculares ás dúas vías públicas principais de Moaña: Ramón Cabanillas e Concepción Arenal. 

Outra vantaxe importante é que o baixo ten interese comercial, pola súa situación tan céntrica, de feito actualmente atópase alugado e totalmente preparado, e en activo como bar.