Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Piso reformado con vistas a ría

Ref: 2643
Piso
77 m2 construidos.
60 m2 útiles.
Semi-reformado
Venda: 57.000 €
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 1
Rocho. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Vistas panorámicas de Cangas e da ría, abertas e despexadas, con orientación sur. Reformado e terminado o baño, a cociña e a carpintaría metálica.

Descrición

Piso reformado coas mellores vistas panorámicas do casco urbano de Cangas e da ría, con orientación sur e asollado de primeira a última hora do día, sobre todo con vistas abertas e despexadas por situarse no último andar dun edificio na zona de Ximeu (a 950 do paseo marítimo).

Totalmente exterior e conta con xanelas en todos os seus ocos (incluso o baño) e vistas a; Coiro desde a cociña e o baño (ao leste; conta con lavadoiro exterior aberto tipo balcón), a Cangas e a ría dende o salón e o dormitorio principal (ao sur; con balcón exterior á avenida de Coruña), e a Darbo desde o segundo e terceiro dormitorio (ao suroeste).

Está totalmente reformado e terminado a estrear o baño, a cociña e a carpintaría metálica (aluminio branco oscilobatente), e dispón de rocho no baixo cuberta (sobre o propio piso) e acs por gas butano (o edificio conta coa preinstalación de gas natural).

Recentemente reformouse a fachada oeste mediante a instalación dunha fachada tipo SATE para a mellora do illamento térmico do edificio e da eficiencia enerxética das vivendas, mesmo se instalou varandas novas nos balcóns da devandita fachada.

Por tratarse dun edificio construído no 1970 non dispón de ascensor, e tampouco conta con praza de garaxe aínda que si hai unha pequena zona de parking diante do inmoble.

Excelente investimento para vivenda de segunda residencia ou para destinar ao aluguer.