Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Piso exterior na zona de Nazaret

Ref: 2758
Piso
66 m2 construidos.
Habitable
Venda: 64.000 €
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 1
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: E
Con vistas abertas en ambas as fachadas que pola súa localización e orientación é asollado todo o día.
Descrición

Piso situado na cuarta planta dun dos edificios do barrio de Nazaret na zona da avenida de Vigo, totalmente exterior en todas as súas estancias e con vistas abertas en ambas as fachadas.

Pola súa localización e orientación é asollado todo o día, pola mañá ao leste pola rúa Enseñanza no salón, dormitorio principal e terceiro dormitorio (situado xusto na entrada da vivenda),  e ao oeste na cociña, baño e segundo dormitorio.

É unha vivenda ideal para renovar, xa que a pesar de non contar con garaxe, rocho e ascensor, acaba de ser recentemente actualizada a súa fachada, portal de entrada e bloque de escaleiras (trátase dunha construción de 1971), podendo instalar calefacción por gas natural (o edificio conta con acometida para gas).

Lembrar que se trata dun inmoble que por situarse nunha contorna totalmente consolidada e edificada, nunca perderá as súas vistas abertas.