Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Parcela non edificable en Bueu

Ref: 2771
Parcela
1.055 m2 de parcela.
Venda: 13.000 €
Está disposta en 2 niveis, o inferior a labradío de 566 m2 e o superior a viña de 489 m2.
Descrición

Terreo de 1.055 m2 non edificable situado no barrio de Valado, á beira do campo de fútbol e do pavillón municipal de Bueu, con boa conexión á vía rápida (2,9 km, 5 min) e ao parque industrial de Castiñeiras (a 1,4km).

Ten entrada para vehículos a través de camiño desde a estrada asfaltada (a 50 m), e toda a leira está disposta en 2 niveis, o inferior a labradío de 566 m2 e o superior a viña de 489 m2.

A leira está aberta, e elevada sobre o camiño. Pola súa localización e a súa orientación ao leste é asollado todo o día e con vistas abertas ao centro urbano e á ría.

A propiedade non dispón de servizos.

Como anécdota comentar que xusto por diante da propiedade discorre a ruta dos muíños de Meiro.