Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Chalet con vistas na Praia de Vilariño

Ref: 2921
Chalé Independente
240 m2 construidos.
315 m2 de parcela.
Impecable
Venda: 340.000 €
Habitacións. . . . 4
Baños. . . . 4
Rocho. . . .
Garaxe. . . .
Zonas verdes. . . .
Segunda liña de praia. . . .
Calefacción: Gasoil
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: E

Vivenda con gran terraza, calidades de luxo e domótica, en segunda liña de praia e preto de todos os servizos. 

Descrición

Chalé independente de obra nova. Situado nunha parcela cerrada en segunda liña da Praia de Vilariño, en Hío, Cangas, con vistas despexadas ao mar.

A casa distribúese en 3 andares e conta con 4 habitacións, 4 baños e 2 cociñas moi ben equipadas.
Ademais, dispón dunha gran terraza con vistas despexadas á Ría de Aldán.

Na planta baixa atopamos a cociña, con acceso directo ao garaxe, unha sala de estar, un baño e unha habitación.
Na primeira planta atópase a habitación principal (con acceso directo á terraza, baño propio con ducha e vestidor), baño xeral con bañeira e outras dúas habitacións con armarios encaixados. Todas as estancias son exteriores e moi luminosas.
No sótano atopamos unha gran cociña-comedor, unha sala, un aseo e o cuarto de instalacións.

A casa conta cunha finca axardinada con céspede e pechada en todo o seu perímetro, con acceso directo dende o exterior ao garaxe.

A calefacción e a agua quente funcionan por caldeira de gasoil. 


Chalé situado nunha zona tranquila, preto de todos os servizos (parque, cafeterías, supermercados, etc.) tanto en Vilariño (a 200 m) como en Aldán (a 500 m).