Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Chalé adosado con vistas a ría

Ref: 2924
Adosado
221 m2 construidos.
188 m2 útiles.
95 m2 de xardín.
220 m2 de parcela.
Impecable
Venda: 300.000 €
Habitacións. . . . 4
Baños. . . . 4
Rocho. . . .
Garaxe. . . .
Calefacción: Calor azul
Cual. Enerx.: E

Situado na zona da Magdalena, con vistas abertas á ría, ascensor propio e tres terrazas.

Descrición

Chalé encostado situado na zona da Magdalena, nunha urbanización de vivendas de recente construción, nunha excepcional localización, con vistas abertas á ría de Vigo e sobre o centro urbano de Cangas.

Está situado de tal forma que conta con tres fachadas exteriores e independentes, con vistas despexadas. A frontal por onde ten o acceso e onde se sitúa a zona de parking cuberto (para dous coches), a lateral sobre a propia leira e a traseira ao sueste, onde se ubican as 3 terrazas de que dispón a vivenda e onde se goza das vistas, con sol directo desde primeira hora da mañá ata media tarde.

Distribuído en cociña con terraza e aseo en planta baixa, dormitorio tipo estudo con baño e terraza en baixo cuberta, salón e dormitorio principal con vestidor e baño privado en semisótano primeiro, e dous dormitorios con baño xeral e rocho en semisótano segundo con saída directa á leira.

Fundamental mencionar que conta con ascensor privado que comunica toda a vivenda interiormente e que a converten nun inmoble totalmente accesible.

Conta ademas con rocho no interior da casa de 21 m2, máis de 19 m2 repartidos en tres terrazas (terraza no salón de 4,50 m2, terraza na cociña de 9 m2, terraza no baixo cuberta 6 m2) e leira privada para xardín duns 100 m2.

Trátase pola súa localización, calidades, estado e a súa configuración (vistas en todas as plantas) dunha gran opción de vivenda habitual e tamén de segunda residencia para os que ademáis do xa mencionado priorizan fácil acceso á vía rápida (a 2 min. do enlace da Portela en coche).

O prezo de venda non inclúe os mobles.