Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Piso a estrear en Pontevedra, zona de O Burgo

Ref: 2980
Piso
105 m2 construidos.
91 m2 útiles.
A estrear
Venda: 189.000 €
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 2
Rocho. . . .
Garaxe. . . .
Calefacción: Gas natural
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Piso de obra nova con garaxe e rocho na Avenida Médico Ballina. Moi boas calidades

Descrición

Piso de obra nova na zona de O Burgo, na Avenida Médico Ballina, moi preto do Campus Universitario de Pontevedra.

A vivenda conta con 3 habitacións, salón con balcón, cociña independente, 2 baños, garaxe e rocho.

As calidades do piso son excelentes: tarima flotante de roble americano en salón, dormitorio, pasillo e vetíbulo e plaqueta cerámica en baños e cociña. Alicatados en baños e cociña con azulexo de primeira calidade. Ademais, este conta cun bo illamente acústico e térmico.

Instalacións moi completas e modernas, con armarios encaixados en dormitorios, preinstalación de domótica con 5 puntos, aspiración centralizada, persianas automáticas en salón e calefacción e ACS por gas natural.

Cociña totalmente amoblada con mobles altos e baixos, con vitrocerámica, forno, neveira, lavadora e lavalouzas.

O piso atópase ao lado dun Supermercado Froiz e moi preto dun Mercadona, nunha rúa con cafeterías, panaderías, bancos, farmacias e tódolos servizos moi preto.