Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa con terreo en Longán

Ref: 3053
Casa
108 m2 construidos.
80 m2 útiles.
400 m2 de xardín.
630 m2 de parcela.
Habitable
Venda: 129.000 €
Habitacións. . . . 2
Baños. . . . 1
Rocho. . . .
Calefacción: Eléctrica
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Pendente

Moi preto da praia de Rodeira, para reformar e actualizar, con parcela chá e moi asollada.

Descrición

Casa de planta baixa (69 m2) e baixo cuberta semi-acondicionado (39 m2), situada na zona de Longán (Aldea de Arriba), moi preto da praia de Rodeira (a 3 minutos camiñando), nunha zona de vivendas unifamiliares (sen edificios ao redor), chaira e moi asollada en toda a parcela (orientación sur).

Pola súa antigüidade e estado, é idónea para acometer unha reforma e actualización da mesma, incorporando ao uso da mesma a planta baixo cuberta e/ou mesmo a construcción exterior utilizada como cenador-comedor na súa orixe.

Actualmente conta con 2 dormitorios pequenos, cociña independente, baño con ducha e sala de estar na planta baixa. A planta superior está abuhardillada, semi-acondicionada e conta con terraza pechada a modo de galería.

O excepcional da propiedade é a leira, chaira e con máis de 400 m2 destinados a horta-xardín. Conta con varías construcións, ao fondo unha destinada a galiñeiros de máis de 30 m2, e outra prácticamente anexa á casa destinada a cenador-comedor exterior de 20 m2.

Perfecta opción xa que pola súa localización próxima á praia do centro urbano, e que cunha non moi excesivo investimento, pódese converter unha opción moi acolledora de casiña con leira para segunda residencia, aínda que tamén cremos que para aqueles que non necesitan moito espazo de vivenda e que prioricen leira, tranquilidade e comunicación, pode ser unha fantástica combinación para vivenda habitual.