Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa con xardín e vistas ó mar en Menduíña

Ref: 3057
Casa
254 m2 construidos.
400 m2 de parcela.
Venda: 249.000 €
Habitacións. . . . 4
Baños. . . . 2
Garaxe. . . .
Calefacción: Gasoil
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Situado a 1000 m da Praia de Menduiña, 2000 m do centro de Aldán e a 500 m do acceso á Vía Rápida. Prezo negociable.

Descrición

Situado a 1000 m da Praia de Menduiña, 2000 m do centro de Aldán e a 500 m do acceso á Vía Rápida.

Trátase dunha casa totalmente exterior e moi asollada, con xardín, horta e vistas á ría de Aldán, que conta con dúas plantas e baixo cuberta, atopándose na planta superior a vivenda, con catro dormitorios, cociña independente e salón, con terraza en ambas as estancias e baño con ducha.

Na planta baixa conta con oficina, adega, despensa, zona de lavadoiro e un aseo. A vivenda conta con dúas prazas de garaxe, unha no edificio principal e outra nun edificio anexo. A calefacción é por gasóleo e a auga quente sanitaria por termo eléctrico.

Na zona exterior podemos diferenciar a zona do xardín con mesa de pedra e a parte traseira con horta e grellada.

Trátase dunha excelente localización para segunda residencia, a un paso da praia de Menduiña e a 500 m do acceso á vía rápida, e polo seu tamaño para vivenda habitual.

Vivenda moi coidada, no interior e exterior, aínda que necesitaría algunha reforma.

O prezo de venda inclúe a vivenda amoblada.