Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Edificio con restaurante funcionando

Ref: 3058
Local Comercial
210 m2 construidos.
Reformado
Venda: 450.000 €
Aluguer: 1.600 €/mes
Baños. . . . 3
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Alúgase ou traspáse o restaurante "Tía Brígida", que ocupa íntegramente un edificio rehabilitado de 4 plantas en Cangas. 

Descrición

Alúgase ou traspasa o Restaurante "Tía Brígida", actualmente en funcionamento.

Ocupa íntegramente un edificio de pedra, rehabilitado no ano 2008: Na planta baixa atópase a zona de barra, e a cociña, mentres que a planta primeira e segunda están destinadas a comedor (entre ambas albergan 14 mesas). A última planta (baixo cuberta) está destinada a almacén e vestiario do persoal.  Todas as estancias son moi luminosas, comunicadas por unha escaleira aberta feita con pasos de madeira de castiñeiro, igual que a porta principal.

Conta con dous aseos para clientes, un en cada planta de comedor, e ademais un baño de uso privado na planta baixo cuberta. 

A cociña está equipada con: cociña de 6 fogóns, forno, ferro e freidora (todos de gas propano), frigoríficos, lavalouzas, extractor industrial con saída de gases á cuberta do edificio, depósito de lixos conectado coa fachada exterior e habitáculo para a bombona de propano tamén con apertura dende o exterior. Na cociña atópase tamén o montacargas, con capacidade para tres bandexas, que comunica coas dúas plantas de comedor. Na zona de barra, dispón de cafeteira e lavavasos. Todo se atopa en perfecto estado.

Dispón de terraza na Rúa Arco, peonil, e conta con toldos e iluminación exterior.

Ademais da fianza mínima obrigatoria (equivalente a dúas mensualidades de renda), o aluguer require que o inquilino presente de garantías económicas que garantan o pago das mensualidades e a conservación do mobiliario (aval bancario) posto que se aluga o edificio con todo o equipamento e mobiliario propios do restaurante.

Existe outra opción, a do traspaso, na que o arrendatario adquire en propiedade o mobiliario e equipamento (consultar condicións do traspaso e garantías económicas neste caso).

Dispoñible a partir do 1 de novembro de 2018.