Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Piso no centro de Aldán con terraza/balcón

Ref: 3072
Piso
82 m2 construidos.
Bo estado
Venda: 135.000 €
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 2
Garaxe. . . .
Segunda liña de praia. . . .
Calefacción: Gas propano
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Excepcionalmente luminoso, con terraza no salón, e dormitorio con vistas ao mar. 

Descrición

Piso no centro de Aldán, a un paso do parque e da praia de San Cibrán.

Destaca por ser excepcionalmente luminoso e asollado todo o día. É totalmente exterior, con orientación excelente: salón en esquina ao sueste, con ventá a un balcón, cociña con terraza/lavadoiro, dous dormitorios orientados ao sur, e dormitorio en esquina ao suroeste, desde a que se alcanza a ver a Ría de Aldán e Illa de Ons.  

Conta con salón-comedor, cociña con lavadoiro, tres dormitorios con armarios encaixados e dous baños, un deles con bañeira e outro con ducha.  Portas de paso de madeira de piñeiro, corredor, cociña, salón e baños con chans de gres porcelánico, habitacións son chan de tarima, e carpintaría exterior de aluminio. Calefacción e auga quente por gas propano (con termostato). Edificio totalmente accesible, con ascensor e praza de garaxe.  

Véndese amoblado (aínda que pode negociarse sen mobles).  Excepcional oportunidade para segunda residencia pola súa proximidade á praia e a todos os servizos.   Ben comunicado coa vía rápida e a só 5 kms do centro de Cangas de Morrazo.