Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Piso na rúa Real en Cangas

Ref: 3091
Piso
85 m2 construidos.
Bo estado
Venda: 160.000 €
Habitacións. . . . 2
Baños. . . . 2
Rocho. . . .
Garaxe. . . .
Calefacción: Radiante
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Zona tranquila, na terceira planta dun edificio recente e ó pé do casco antigo e ben comunicada coa vía rápida.

Descrición

Situado na rúa Real, nas inmediacións dos xulgados, con orientación este en zona tranquila no centro e ben comunicada.

Trátase dun piso exterior e distribúese en dous dormitorios con armarios encaixados (un deles suite con baño con bañeira), salón-comedor, cociña independente con saída a galería e baño con ducha.

Trátase dun edificio totalmente accesible que dispón de praza de garaxe con fácil acceso por montacargas, rocho anexo, acs por termo eléctrico e calefacción eléctrica por chan radiante.

Excelente localización para primeira residencia con todos os servizos a man, á beira do colexio Nazaret e moi próxima ao mercado.

O prezo de venda inclúe a cociña amoblada con electrodomésticos.