|
Casa preto do centro de Cangas
Ref: 3106
Casa
81 m2 construidos.
219 m2 de parcela.
Para reformar
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 1
Cual. Enerx.: Certificación pendente
Vivenda luminosa, orientada ao sur, para reformar, situada na zona de Cimadevila, Darbo, cunha pequena finca e lavadoiro, inscrita no Rexistro da Propiedade.
Descrición
Gran oportunidade de compra de casa para reformar, preto do centro de Cangas, localizada na zona de Cimadevila, Darbo, a 10 minutos andando do centro.
Situada moi preto de centros educativos como o colexio Compañía de María e do IES María Soliño, nunha zona moi tranquila e cunha excelente orientación ao sur, soleada todo o día.
Componse de planta baixa, primeira planta e baixo cuberta con terraza. Finca de 219 m², onde podemos atopar un antigo lavadoiro ben conservado e unha construción anexa. Dispón de auga a través da Comunidade de Augas do Castelo.
Inscrita no Rexistro da Propiedade.
|
|
|
|
|
|