Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa independente con vistas en Moaña

Ref: 3121
Casa
247 m2 construidos.
181 m2 útiles.
348 m2 de xardín.
628 m2 de parcela.
Impecable
Venda: 330.000 €
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 2
Rocho. . . .
Garaxe. . . .
Calefacción: Gasoil
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

De nova construcción situada en Meira de Arriba, de deseño e estética ao estilo dunha casa tradicional galega con vistas e finca pechada e axardinada.

Descrición

Casa de nova construción situada en Meira de Arriba, de deseño e estética moi coidado, e claramente orientado ao estilo dunha casa tradicional galega, conseguido grazas ao uso da madeira e da pedra autóctonos.

Está localizada nunha finca pechada de 628 m2 (peche propio) e axardinada, nunha contorna claramente rural (típico núcleo rural con inmobles de tipoloxía similar), onde ambas (casa e finca) gozan dunhas vistas despexadas e abertas cara ao centro urbano de Moaña e a ría, resultando un lugar tranquilo e apracible, con moita privacidade, onde ademais pola súa orientación e emprazamento elevado fan que sexa asollada todo o día.

A vivenda componse de 3 plantas conectadas interiormente entre si, para un total de 247m2 construídos (181m2 últiles):

- Planta baixa
 (de 75,60m2c aprox.) con acceso desde o patín de entrada segundo se achega á casa, e tamén con saída a un segundo soportal comunicado co xardín e con vistas (13,40m2 os dous); ambos verten ao elemento principal da casa, un gran espazo aberto onde se sitúa a cociña, a zona de comedor e a zona de estar, que ademais comunica a través de escaleira co semisótano e a baixo cuberta. Nesta planta tamén se localiza un baño xeral e un dormitorio.

-
Na planta de baixo cuberta (tamén de 75,60m2c aprox.), actualmente distribuída nun dormitorio principal, baño xeral e unha gran zona de estar aberta, con potencial e espazo suficiente para albergar un terceiro dormitorio mantendo a zona de estar e aproveitando a disposición actual das xanelas. Nesta planta é onde as vistas abertas e despexadas á montaña e á ría gañan protagonismo.

-
E como gran complemento, a vivenda dispón dun semisoto aberto (do tamaño de toda a planta da casa, 89m2c aprox.), con acceso interior por escaleira e exterior desde a finca por rampla (para coches), onde se localizan todas as instalacións (caldeira de gasoil para calefacción e acs, etc.) e utilizado como zona de almacenamento e adega, aínda que plantexado orixinalmente como garaxe.

A propiedade complétase cun pequeno asador e parking cuberto para dous coches na entrada á parcela (de 38m2 aprox.), pero o que sen dúbida caracteriza a esta propiedade é o coidado posto no uso da madeira en cada elemento (portas de entrada en "castaño", vigas de "pino tea", escaleiras de "teca", chans, portas, etc. de "pino roxo") xa que aínda sendo unha obra nova, prevalece o seu carácter de vivenda tradicional.

Excepcional opción de vivenda habitual, pola súa proximidade ao acceso á vía rápida (1,2km) e a 3 minutos en coche da zona da Xunqueira (praia, pistas deportivas, etc.).

O prezo de venda non inclúe os mobles.