Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Local Comercial na Zona vella, Cangas

Ref: 3173
Local Comercial
41 m2 construidos.
Reformado
Aluguer: 350 €/mes
Cual. Enerx.: E

Nun edificio moi céntrico restaurado, con dúas fachadas en esquina de Rúa Sol e Rúa Santa Baia. 

Descrición

Inmoble ideal para comercio ou oficina, en edificio moi céntrico, restaurado, en rúa peonil, con alta actividade comercial, moi transitada.

Edificio en esquina, con bo acceso e moita visibilidade: esquina de Rúa Sol e Rúa Santa Baia. Actualmente dispón dun espazo amplo central e un aseo e ten dúas xanelas grandes a modo de escaparate, unha en cada fachada.

O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo. O prezo inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento. A fianza é a esixida por lei para locais comerciais: 2 mensualidades. Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato.

Só se admiten actividades que non supoñan molestias aos veciños polo ruído que poidan ocasionar.