Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Piso de 3 dormitorios con vistas ó mar na Pedra Alta

Ref: 3193
Piso
90 m2 construidos.
Planta 2
Venda: 249.000 €
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 2
Rocho. . . .
Garaxe. . . .
Calefacción: Calor azul
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: E

Situado na Urbanización Mar de Pedra e moi preto das praias de A Congorza e Areamilla, con vistas á Ría de Vigo e antiga Fábrica de Massó. 

Descrición

Situado na Urbanización Mar de Pedra e moi preto das praias da Congorza e Areamilla, con vistas á Ría de Vigo e antiga Fábrica de Massó. 

Ben comunicado cara á vía rápida e cara ás principais praias de Hío e Aldán. 

Piso de tres dormitorios con armarios encaixados, dous baños, un deles con bañeira con hidromasaxe e o outro con ducha, salón amplo e cociña independente moi completa, mesmo con lavalouzas. A vivenda conta con terraza con vistas ao mar. 

Trátase dun piso totalmente exterior e accesible, con ascensor e que conta con calefacción por calor azul e auga quente sanitaria por termo eléctrico. Dispón de praza de garaxe e trasteiro.

Excelente localización para primeira e segunda residencia, preto de todos os servizos e moi ben comunicado coas praias.

O prezo de venda inclúe os mobles.