Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa con finca en Ameixoada

Ref: 3226
Casa
176 m2 construidos.
400 m2 de parcela.
Habitable
Venda: 158.000 €
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 1
Calefacción: Gasoil
Cual. Enerx.: G
Negociable. Vivenda na 1ª planta habitable, ampliable no baixo lóbrego. 
Descrición

Casa con terreo en Moaña (Parroquia de San Martiño), en Ameixoada, ben comunicada coa vía rápida e a poucos minutos do centro de Cangas.

Consta de planta baixa (actualmente lóbrega), planta primeira destinada a vivenda en bo estado e planta baixo cuberta destinada a almacén. A vivenda atópase en bo estado e consta con tres habitacións, salón, cociña e un baño. A planta baixa ten idéntica superficie e podería servir para ampliar a superficie de vivenda, para incorporar un garaxe cuberto, ter zona de almacenamento etc. A planta baixo cuberta está destinada actualmente a almacén, e atópase lóbrega. Para habilitar como vivenda habería que engadir illamento ao tellado, que conta atópase en bo estado e conta con dúas xanelas tipo velux.

Actualmente ningunha das plantas están conectadas interiormente senón que se accede a cada unha de maneira independente a través de escaleira exterior. No ático, a escaleira convértese en terraza cuberta.

Conta cunha leira ampllia, totalmente chaira, destinada hoxe día a horta principalmente. Está totalmente pechada e ten varias construcións tipo "galpón" para uso da horta e mesmo un lavadoiro de pedra.

Zona con moito sol, con vistas despexadas e bos accesos. Ideal para primeira residencia.