Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa tradicional galega en Aldán, Cangas

Ref: 3237
Casa
350 m2 construidos.
633 m2 de xardín.
983 m2 de parcela.
Venda: 405.000 €
Habitacións. . . . 6
Baños. . . . 3
Zonas verdes. . . .
Calefacción: Gasoil
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Pendente

Casa de pedra de 3 plantas, con finca, lagar e gran hórreo. Moi preto do centro urbano, do mar e das praias de Aldán.

Descrición

Esta casa tradicional galega atópase en Aldán, nos arredores do Bosque Encantado con vistas á ría.

Desde a entrada principal á leira atopámonos coa vivenda e dúas adegas (destinadas a almacenaxe, unha delas conserva un forno de pedra), unha a cada lado da casa con un patio central.

A vivenda consta de tres plantas. A primeira distribúese nun gran comedor con lagar tradicional, dous dormitorios e baño. Polo exterior, a través dun patín, accédese á primeira planta. Esta conta cunha sala con cheminea orixinaria de pedra, outra sala con saída a un balcón con vistas á ría de Aldán, cociña independente, baño e 2 dormitorios e desde esta mesma planta accedemos á baixocuberta con 2 dormitorios, un deles con saída a un balcón e dous rocho.

Hai tamén un hórreo de 12 m2 na leira, en perfecto estado de conservación, un pozo de auga e unha construción na parte traseira como alpendre.

Boa localización tanto para primeira como para segunda residencia pola súa próximidade a Aldán (preto de todos os servizos, centro de saúde, colexios, etc.) e proximidade ás praias. Está perfectamente comunicada coa rotonda que da acceso á Vía Rápida. Excelente opción como investimento para poder destinar a casa rural polas características da propiedade e da contorna.