Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Posto de traballo con espazos compartidos en Rúa Andalucía

Ref: 3239
Oficina
1 m2 construidos.
A estrear
Aluguer: 120 €/mes
Zonas comúns. . . .
Calefacción: Bomba de calor
Aire acondicionado. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Situado nun local céntrico con varios postos, oficinas e zonas comúns. Auga, luz, fibra óptica e limpeza de zonas comúns incluídos.

Descrición

Posto polivalente a estrear nun espazo con máis postos, oficinas independentes e espazos adicionais de carácter común, cunha estética moi coidada e materiais constructivos de gran calidade.

O espazo está equipado con internet de alta velocidade por fibra óptica, climatizador (calor e frío), cociña con microondas, frigorífico e cafeteira,  sala de descanso e espera, aseo accesible e sala de reunións capacitada tecnolóxicamente (televisión LED de 40'' conectada a ordenador con cámara e micrófono). Un lugar vanguardista onde traballar en proxectos propios e que ao mesmo tempo fomenta a creación dunha rede colaborativa de contactos.


O posto atópase en Rúa Andalucía, nun sector do centro administrativo de Cangas, moi preto de Xulgados, Rexistro da propiedade e Notaría.

Auga, luz, fibra óptica, acceso a impresora en B/N, sillas, mesas, alarma, limpeza de zonas comúns, seguro e comunidade incluídos no prezo.

Máis oficinas e postos dispoñibles no mesmo espazo:

Consultar condicións por aluguer de varias oficinas ou postos conxuntamente.

IVE non incluido.