Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa de obra nova en construcción en Cangas

Ref: 3243
Chalé Independente
149 m2 construidos.
71 m2 de xardín.
215 m2 de parcela.
A estrear
Venda: 290.000 €
Habitacións. . . . 4
Baños. . . . 3
Rocho. . . .
Garaxe. . . .
Zonas verdes. . . .
Calefacción: Aerotermia
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Chalé adosado de obra nova con xardín no núcleo urbano de Cangas, na zona da Avenida de Vigo, con xardín de 70 m2 e finca independente.

Descrición

Vivenda unifamiliar de obra nova de próxima construción (actualmente en fase de proxecto) nunha terreo independente de 215m2 de parcela neta (libre de retranqueos) no núcleo urbano de Cangas, no entorno da Avenida de Vigo.

Pensada en 2 plantas cun total de 149 m2 de superficie construida:

- Na planta baixa con salón aberto a cociña comedor e conectado cara a finca e desde a zona de garaxe-almacenamento, baño xeral e un cuarto que se pode empregar como zona de traballo ou 4º dormitorio.

- Na segunda planta atopamos os 3 dormitorios, un deles con baño con ducha, e todos con armario encaixado. Ademais, dispón dun baño xeral e unha zona pensada para utilizar como estudio con saída a unha grande terraza de 25m2 con acceso tamén desde o dormitorio principal.

Todas as estancias da casa son exteriores, o que, xunto coa súa orientación suroeste, convértena nunha vivenda moi luminosa.

Dispón de garaxe aberto no que caben cómodamente dous coches con acceso directo á vivenda.

Actualmente atópase en fase de proxecto e próximamente estará dispoñible para entrar a vivir.

Ademais das súas calidades (calefacción por aerotermia, etc.), destaca a súa excepcional ubicación, en pleno núcleo urbano de Cangas, moi preto de tódolos servizos, a 7 minutos  andando (450 m) do Mercado Municipal, a 6 minutos (425 m) do Auditorio e a 2 minutos (250 m) dos Xulgados.

As vantaxes dunha casa e a comodidade de vivir no centro atopámolas nesta construción de venda exclusiva en Lares.