Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Oficina independente en Cangas

Ref: 3289
Oficina
11 m2 construidos.
11 m2 útiles.
A estrear
Aluguer: 240 €/mes
Baños. . . . 1
Zonas comúns. . . .
Calefacción: Local climatizado
Aire acondicionado. . . .
Cual. Enerx.: A

Inclúe: fibra 1xiga, luz, climatización, alarma, auga, lixo, seguro e o uso dos servizos comúns de Trebella. 

Descrición

Reserva xa e benefíciate dun desconto do 20% durante os tres primeiros meses!.

Oficina de 11m2
 útiles en Cangas. Con climatización programable, independente do resto do local e portelo automático. Estancia impresionantemente luminosa con sol directo de mañá e vistas abertas.

Mobiliario de oficina de calidade profesional. Equipada cunha mesa de trabajo, 1 silla directiva (regulable en altura, reclinable e con resposabrazos regulables), 2 sillas confidente, 1 moble modular e lámpada led de deseño.

Integrada en “Trebella” (espazo de traballo para empresas e profesionais creado por Lares), con acceso gratuito aos espazos comúns (que ocupan máis de 40m2 útiles): sala de reunións capacitada tecnoloxicamente (televisión LED de 40'' conectada a ordenador con cámara e micrófono), sala de espera e descanso, cociña (con frigorífico, microondas, cafeteira, despensa, etc) e baño adaptado. Local ben illado (fachada ventilada, carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidros con protección solar e acústica), coa máxima calificación enerxética: A.




O prezo inclúe: Internet (fibra óptica de alta velocidade simétrica de 1 xiga), climatización (aire quente e frío), alarma, seguro e gastos (luz, auga e lixo). IVE non incluído.

Esta oficina permite traballar e atender a clientes con absoluta independencia e privacidade, e ao mesmo tempo facer uso doutros espazos comúns gratuitamente. Nunhas instalacións de estilo e calidade que falarán de ti. Prezo pechado, sen imprevistos, para unha perfecta planificación.

Trebella atópase en Rúa Andalucía 10, nun sector do centro administrativo de Cangas, moi preto de Xulgados, Rexistro da Propiedade, Notaría, INSS, Correos, Servicios Sociais e Auditorio Municipal.

Máis oficinas dispoñibles no mesmo espazo:

TREBELLA.GAL