Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Piso na zona do Berbés

Ref: 3302
Piso
70 m2 construidos.
Bo estado
Venda: 118.000 €
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 1
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

En bo estado e situado a 100m do parking do Berbés e a 150m do Paseo de Alfonso XII.

Descrición

Piso de 3 dormitorios situado na primeira planta dun edificio, en moi bo estado e listo para entrar a vivir, situado a 100m do parking do Berbés (2 min) e a 4 minutos camiñando do Mercado.

A vivenda está distribuída de forma que o salón, o dormitorio principal e o segundo dormitorio (que conta con balcón pechado tipo galería) dan á fachada principal, con orientación sueste e sol directo mañá, mediodía e tarde. Por outra banda a cociña e o baño dan a un patio aberto con vistas parciais ao porto. A través da cociña accédese ao terceiro dormitorio, interior a patio pechado.

Conta cunha pequena despensa situada na cociña (onde se atopa o termo eléctrico para o acs), tendal cuberto no patio con acceso desde a xanela da cociña, dobre xanela de aluminio corredoira ambas con vidro dobre (tipo climalit) e chans de madeira maciza. Non dispón de praza de garaxe nin ascensor.

Trátase dunha gran opción para vivenda habitual, sobretodo pola súa localización próximas a todos os servizos (centro comercial a Laxe e Concello a 7 minutos camiñado), proximidade a zonas comerciais e de interese (Paseo de Alfonso XII a 150m e a 6 minutos camiñando da Porta do Sol) e que a pesar de carecer de praza de garaxe está á beira do parking.