Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Parcela edificable en Vilariño

Ref: 3327
Parcela
1.334 m2 de parcela.
Venda: 96.000 €
Con vistas abertas e despexadas ás praias de Vilariño e San Cibrán, coa ría de Aldán de fondo.
Descrición

Parcela edificable na zona de Vilariño, con vistas abertas e despexadas ás praias de Vilariño e San Cibrán, coa ría de Aldán de fondo.

Conta con fronte a camiño público de 32,50ml con todos os servizos de subministracións (luz, rede de sumidoiros, etc.), orientación este (sol mediodía e tarde), nunha zona moi tranquila, preto do "Cruceiro de Hío", a 8 minutos camiñando da praia e a 5 minutos en coche da vía rápida.

Parcela chaira (con lixeira pendente negativa) e a nivel da estrada, perfecta tamén polo seu tamaño e xeometría para a construción dunha vivenda unifamiliar illada en planta baixa.